Monday 29 de April de 2024

O GES de Brión extingue un lume no interior dunha nave abandonada no Milladoiro (Ames)


O Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Brión extinguiu na noite de onte luns un lume no interior dunha nave industrial abandonada no lugar do Milladoiro (Ames). Tres técnicos do GES brionés desprazáronse ata o lugar dos feitos coa Bomba Lixeira Urbana (BUL) e a Autoescada Automática en resposta a unha alerta do 112 Galicia, emitida a iso das 20:30 horas.

Unha vez na nave, os técnicos do GES de Brión procederon á extinción do lume, xurdido duns restos de papeis acumulados no interior do inmoble, sen que houbera risco de propagación das lapas á estrutura da nave. Ata o lugar desprazáronse tamén membros da Policía Local de Ames e da Garda Civil do Milladoiro.